sábado, 28 de noviembre de 2015

Regaliño dunha voda moi especial

       Este xullo pasado tivemos unha voda repentina, pero non inesperada. Tiña pensado facerlles un detalliño e cando xa o tiña rematado, entereime que non ía haber aneis polo medio e como ía ser un portaaneis, tiven que refacer o regaliño. 

   Transformeino nun portaretratos orixinal, que penso que quedou moi chulo. Gústame moito a idea de usar de diferente forma os bastidores que sempre usei para bordar e paseando pola rede, a verdade é que hai preciosidades feitas.


     De paso, como xa había neno crecidiño de por medio tamén, lle fixen o pequeno un colgador de porta cun osiño coa súa inicial, I, de Izan claro...

No hay comentarios:

Publicar un comentario